2.500 mozos participarán nos campamentos da LanzadaA Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a contratación dos servizos
de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións
de A Lanzada por 125.000 euros. Dende o 24 de xuño, data de inicio dos
campamentos, participarán 2.500 nenos de tódolos concellos da provincia
agás Vigo e Pontevedra. ![]() | As solicitudes para participar deberán ter entrada nas oficinas da
Cidade Infantil Príncipe Felipe con data máxima do 07 de Maio. Os nenos
permanecerán sete días nestas instalacións tempo no que desenvolverán
numerosas actividades de natureza, saídas á praia, veladas nocturnas,
viaxe a Ons, e outras actividades lúdicas e deportivas. Nos últimos anos, a Deputación intensificou a actividade do Centro da Lanzada, de xeito que en cinco anos pasou de acoller durante o verán a 400 rapaces a preto de 2.500. No 2009 ampliáronse os campamentos de 8 a 10 turnos e tamén aumentaron en 20 o número de prazas de cada un.
![]() |

