![]()
| ![]() O xerente de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo, Javier Caramés, visitou o 22 de febreiro, luns, o centro de saúde de A Cañiza para comprobar a posta en funcionamento dun novo equipamento tecnolóxico, en concreto dun ecógrafo, neste centro de Atención Primaria. Nesta visita, o xerente estivo acompañado polo alcalde da localidade, Cesar José Mera Rodriguez, que previamente amosara o seu interese na implantación do programa de ecografías en Atención primaria nesa comarca. Segundo manifestou o xerente de Atención Primaria “coa incorporación desta nova prestación á carteira de servizos sanitarios de A Cañiza, que tamén da cobertura aos concellos de Arbo e Crecente, a calidade asistencial ofertada vai mellorar de xeito sustancial, xa que os veciños destas localidades non terán que desplazarse ao hospital para realizarse este tipo de probas Gabriela
|



Os veciños da Cañiza sorprenderonse co incendio nunha das plantas de
garaxes dun edificio da rúa Progreso 107. O incendio foi provocado a
raíz da explosión dun vehículo que se encontraba aparcado dentro dos
garaxes do edificio, e provocou a calcinación de varios vehículos que se
encontraban dentro da planta e o deteriodo da estructura dos garaxes.
Por sorte non houbo ningún ferido, pero si danos materiales por toda a
planta de garaxes. O lugar se desplazaron efectivos do 112 de Galicia, a
Garda Civil, e os bombeiros de Ribadavia e Ponteareas.