Máis de 132 cativos xogan na Asociación Deportiva Cañiza.A Asociación Deportiva Cañiza, A. D Cañiza, congrega a 132 cativos e mozos que adestran cada semana coa ansia de chegar a ser os primeiros da liga. A partir dos catro anos de idade e por tan só dez euros, calquera mozo ou pícaro pode pertencer a A. D. Cañiza.
Nenos dende os 4 anos de idade xa pertencen a esta Asociación. O director da escola é Carlos Mera e o presidente Ricardo Coello, seguido do tesoureiro que é Javier Fidalgo e as vocais, Saladina Afonso, LuÍs Alberto Fernández, Santiago Lage, Pedro Iglesias, Francisco Javier Pérez, Carlos Nogueira e Ana Rodríguez. Daniel é o encargado de adestrar aos xuvenís, Kiko adestra aos cadetes, dos infantís faise cargo Carlos, Javier dos alevíns e Alberto dos benxamíns; mentres Adrián adestra aos prebenxamíns e Carlos á categoría Minis.
|
Todos eles acoden semanalmente ao campo de fútbol de herba sintética das Augas Férreas de luns a venres en horario de 16:30 a 20:00, cada categoría nun día diferente. Dende hai once anos, a Asociación Deportiva Cañiza loita polos mozos e cativos para que aprendan non só un deporte, se non tamén novos valores. Para seguir adiante contan cunha axuda do concello e outra da Deputación Provincial, ademais dunha achega da Xunta. Cada fin de tempada, para celebrar os bos momentos, organizan unha xuntanza.
A Xunta destaca que o telecentro da Cañiza (Pontevedra) "dinamizará o acceso ás novas tecnoloxías"A Secretaría Xeral de Comunicación asegurou que o telecentro de comunicación do municipio pontevedrés da Cañiza inaugurado hoxe "dinamizará o acceso da poboación ás novas tecnoloxías" e será un espazo "apropiado" para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e da alfabetización dixital. Tal e como explicou hoxe o departamento que dirixe Fernando Salgado, outro dos obxectivos do telecentro é converterse nun "punto de encontro" e, deste xeito, incorporalo como "alternativa habitual" na axenda de tempo libre da cidadanía. Así mesmo, sinalou que a Rede de telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo gratuíto que poderán empregar tanto asociacións e organizacións como colectivos de "todo tipo" para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo e conferencias, entre outras opcións. CARACTERÍSTICAS Neste punto, precisou que a incorporación do concello á RTC permitirá que se beneficie do "traballo colaborativo en rede" e da "comunidade virtual" que integra a RTC. Segundo indicou a Xunta, o telecentro da Cañiza, no que a secretaría xunto cos fondos Feder inverteron uns 120.000 euros, dispón de 20 ordenadores cos que pretende, ademais, que se desenvolvan proxectos que "aproveiten as sinerxías" que xorden da administración autonómica e da local. Un telecentro de comunicación é un espazo acondicionado
acusticamente e de estética particular que dispón de material
informático, equipo de videoconferencia, material audiovisual,
pantallas de proxección e de plasma, así como doutros sistemas de
control que permiten recrear diferentes escenarios en función das
necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.
|

