![]() Nesta localidade hai aproximadamente 6.000 habitantes. ![]() Nestas navidades os reis saliron desde a casa da cultura hacia as rúas
da A Cañiza,a polícia local tuvo que intervir para parar os coches que
circulaban na estrada.Os nenos todos contentos detrás da carroza e
collendo caramelos.
| ![]() O domingo,día 10 de xaneiro nevou desde a mañá ata a
noite .Houbo pequenos accidentes con danos materiais tivo que vir o
quitaneves e a guardia civil.Na estrada había varios atrancos causados
pola neve . A Asociación Deportiva Cañiza, A. D Cañiza, congrega a 132 cativos e mozos que adestran cada semana coa ansia de chegar a ser os primeiros da liga. A partir dos catro anos de idade e por tan só dez euros, calquera mozo ou pícaro pode pertencer a A. D. Cañiza.
Nenos dende os 4 anos de idade xa pertencen a esta Asociación. O director da escola é Carlos Mera e o presidente Ricardo Coello, seguido do tesoureiro que é Javier Fidalgo e as vocais, Saladina Afonso, LuÍs Alberto Fernández, Santiago Lage, Pedro Iglesias, Francisco Javier Pérez, Carlos Nogueira e Ana Rodríguez. Daniel é o encargado de adestrar aos xuvenís, Kiko adestra aos cadetes, dos infantís faise cargo Carlos, Javier dos alevíns e Alberto dos benxamíns; mentres Adrián adestra aos prebenxamíns e Carlos á categoría Minis.
Todos eles acoden semanalmente ao campo de fútbol de herba sintética das Augas Férreas de luns a venres en horario de 16:30 a 20:00, cada categoría nun día diferente. Dende hai once anos, a Asociación Deportiva Cañiza loita polos mozos e cativos para que aprendan non só un deporte, se non tamén novos valores. Para seguir adiante contan cunha axuda do concello e outra da Deputación Provincial, ademais dunha achega da Xunta. Cada fin de tempada, para celebrar os bos momentos, organizan unha xuntanza.
|




